Xunto co patrimonio artístico, a arte contemporánea estase a converter nun importante sector económico e de investimento público, así como nun factor determinante no planeamento urbano e no turismo. Este libro recolle os textos expostos no foro Creación Artística e Identidades Culturais, no que, desde unha mirada plural, se abordou esta nova realidade artística baixo os rexistros que a rodean, vehiculan e difunden. O que se deu en chamar a «industria da cultura» e que máis exactamente debería chamarse a «aculturización industrializada».
Título Creación artística e identidades culturais
Coordinación María Luisa Sobrino Manzanares
Autoría Camilo Franco
Serge Guilbaut
Ángela Molina
Gloria Picazo
Pedro G. Romero
Introdución María Luisa Sobrino Manzanares
Presentación Xosé López García
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2009
Edición 1ª edición
Descrición física 119 p. : fot. cor e n. ; 24 cm.
Notas O contido do encontro divídese nos seguintes apartados: musealización, industria cultural e espectáculo; o traballo de artistas e as institucións; arte e cultura nos medios de comunicación.
ISBN 978-84-92923-51-9
Depósito Legal C 4279-2009
CCG. Signatura CCG 2009 363
DOI 10.17075/caic.2009
Url externa Catálogo RBG
Colección Ensaio & Investigacion
Materias
Código QR