Esta obra contén a edición de toda a colección documental do mosteiro ourensán de Montederramo, desde o primeiro documento que se conserva (do 15 de marzo de 1124) ata os últimos escritos en pergamiño no século XVI (do 25 de marzo de 1560), en total 1880 documentos, seguidos de dous longos apéndices que conteñen dúas cartas executorias, unha de 1520 e outra de 1606, nas que se reproducen moitos documentos anteriores.
A edición preséntase en soporte mixto papel-CD. O libro en papel, ademais das presentacións, inclúe unha extensa introdución na que figuran notas de carácter histórico, as normas de transcrición, consideracións sobre os grafemas e referencias a características lingüísticas. O CD contén a edición dixital da Colección documental do Mosteiro de Montederramo (na que se recollen todos os textos dos documentos que foron transcritos integramente), o Índice antroponímico e o Índice toponímico.

Título Mosteiro de Montederramo
Colección documental e índices
Autoría Ramón Lorenzo Vázquez
Colaboración Maka Pérez
Índices Pilar  Rodríguez Suárez
Mercedes  Vázquez Bertomeu
Silvia Viso Pérez
Introdución Ramón Lorenzo Vázquez
Presentación Valentín García Gómez
Ernesto González Seoane
Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2019
Edición 1ª edición
Descrición física 177, [10] p. : map. + 1CD
Notas Publicación completa dispoñible para a súa descarga nun só documento PDF (inclúe libro+CD).
ISBN 978-84-17802-05-9
Depósito Legal C 1090-2019
Url externa Catálogo RBG
Colección Gallaeciae Monumenta Historica
Materias
Áreas
Código QR