Actas do I Congreso Luso-Galego de Estudos Xornalísticos, celebrado os días 29 e 30 de outubro de 2002 en Santiago de Compostela. Con esta iniciativa, a Sección de Comunicación quere favorecer a cooperación entre Galicia e Portugal no campo da comunicación e realizar accións concretas que permitan acometer os retos que deben afrontar os dous países neste sector.

Das miradas actuais sobre as Ciencias da Comunicación, a do espazo da lusofonía ten trazos propios cunha identidade moi definida. A comunidade formada polos pobos de fala portuguesa, con Galicia como país ponte, cun pé no mundo lusófono e outro no mundo hispano, reflexionou nos últimos vinte anos sobre as principais cuestións do tecido comunicativo. E non só debateu, analizou e propuxo, senón que fixo achegas que contribuíron ao avance científico. A cooperación entre Galicia e Portugal no campo da comunicación só pode resultar beneficiosa para as dúas partes. Hai moitos desafíos e tarefas que realizar. E a Sección de comunicación do Consello da Cultura Galega quere favorecer esa cooperación e esas accións concretas que permitan acometer os retos que deben afrontar os dous países no eido da comunicación. A Comunicación e a
Cultura tamén hai que pensalas e repensalas desde a lusofonía, un proxecto común no que Galicia e Portugal teñen moito que dicir.
Título investigación e o ensino do xornalismo no espazo luso-galego, A
Actas do I Congreso Luso-Galego de Estudos Xornalísticos celebrado os días 29 e 30 de outubro de 2002 en Santiago de Compostela
Coordinación Xosé López García
Jorge Pedro Sousa
Autoría Manuela Cruz
Joaquim Fidalgo
Manuel Gago
Berta García Orosa
Raquel López
Silvia López Ben
Xosé López García
Aníbal Oliveira
Xosé Pereira
Manuel Silva Pinto
Ricardo Jorge Pinto
Xosé Ramón Pousa
Xosé Rúas Araújo
Rogério Santos
Estrela Serrano
Paula de Sousa
Jorge Souto
Luís Trigo
Miguel Túñez López
Joâo Conde Veiga
Limiar Alfonso Zulueta
Presentación Xosé López García
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Comunicación, 2004
Edición 1ª edición
Descrición física 243 p. ; 22 cm.
ISBN 84-95415-93-3
Depósito Legal PO 396-2004
CCG. Signatura CCG 2004 262
Url externa Catálogo RBG
Colección Base
Materias
Áreas
Código QR