O Consello da Cultura Galega, preocupado por colaborar no estudo das manifestacións do pobo galego ao longo da súa historia, quere celebrar a aparición dos primeiros diarios en Galicia coa súa edición facsimilar. Xunto a ela, publícase un conxunto de traballos onde distintos expertos explican o contexto en que apareceron eses medios impresos e as súas características. Pareceu apropiado achegar á edición facsimilar un volume de estudos críticos en que diversos estudosos do ámbito histórico e xornalístico analizan as características e o relevo destes medios. Deste xeito, dáselle continuidade a unha liña de traballo que comezou no ano 2000 coa edición facsimilar do primeiro fito do xornalismo en Galicia: El Catón Compostelano.

[Data da nota de prensa: maio 2020]

Título Primeiros diarios galegos (1808-1809) [Vol. II]
Diario de Santiago
Coordinación Xosé López García
Rosa Aneiros
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008
Edición 1ª edición
Descrición física 4 v. ; 26 cm
Notas Obra completa en 4 v: t.1. Estudos críticos
-- t. 2 Diario de Santiago
-- t. 3. Diario de Santiago ; Apéndice al primitivo Diario de Santiago ; Gazeta de la Coruña ; Telégrafo político y literario de la Coruña-- t. 4. Diario de la Coruña
ISBN 978-84-96530-64-5
Depósito Legal S 1127-2008
CCG. Signatura CCG 2008 352
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR