Comentarios recentes Suscribirse os comentarios máis recentes

As estacións do lobo / María Reimóndez por Reimóndez, María

Publicación: Vigo : Xerais . 387 p. ; 23 cm

Nesta novela da autora luguesa María Reimóndez, a protagonista trasládase ao estranxeiro coa súa parella, pero, no seu xa de por si difícil proceso de adaptación, non contará co apoio esperado do seu compañeiro, nativo do país.

Pouco a pouco a relación irá mostrando o seu carácter tóxico até deixala completamente paralizada. A través do seu especial vínculo cos cans conseguirá conectar de novo co mundo e tecerá unha rede de amizades que lle axudarán a construír de novo a súa vida desde o amor propio.

Unha obra incómoda, polo tema do maltrato psicolóxico que sofre a protagonista e que comeza na infancia cunha nai que descarga sobre a filla a frustración polo pai ausente, pero proveitosa, especialmente para aquelas persoas dispostas a repensar a maneira en que constrúen as súas relacións de parella.

A narración tamén está chea de consellos para quen queira (des)aprender sobre adestramento canino. Engadida 22/12/2022 por Iria C.

Montevideo / Enrique Vila-Matas por Vila-Matas, Enrique

Publicación: Barcelona : Seix Barral . 300 p. ; 23 cm

Difícil de ler. Engadida 16/12/2022 por Javier R.

Florentino Pérez : el poder del palco / Fonsi Loaiza por Loaiza, Fonsi

Publicación: Madrid : Akal . 182 p. ; 22 cm

Se soamente un 10% do que conta este libro é certo e demostrable, este "señor" fai moito que debería estar na cadea. Engadida 16/12/2022 por Javier R.

Caballo de Troya 12 : Belén, las páginas no publicadas en Caná, Caballo de Troya 9 / J. J. Benítez. por Benítez, J. J.

Publicación: Barcelona : Planeta, . 281 p. ; 24 cm.

Penso que non aporta nada novo na trama da serie do Cabalios de Troia. Engadida 16/12/2022 por Javier R.

Laura no deserto / Anton Riveiro Coello. por Riveiro Coello, Antón

Publicación: Vigo : Galaxia, . 726 ; 21 cm.

Fabulosa novela. Recomiendo la lectura. Engadida 13/12/2022 por Cristina S.

La autopista Lincoln / Amor Towles ; traducción del inglés de Gemma Rovira Ortega por Towles, Amor

Publicación: Barcelona : Salamandra . 589 p. ; 23 cm

Impresionante. Toda unha sorpresa. Inesquecibles personaxes, sobre todo Billy Watson. Moi recomendable. Engadida 13/12/2022 por Javier R.

As malas mulleres / Marilar Aleixandre por Aleixandre, Marilar

Publicación: Vigo : Galaxia . 246 p. ; 21 cm

Conta historias duras e moi emotivas. As referencias a Concepción Arenal e Juana de Vega, incita a buscar máis información sobre a labor destas mulleres nesa época. Moi recomendable. Engadida 12/12/2022 por María Ines P.

La sombra del viento / Carlos Ruiz Zafón por Ruiz Zafón, Carlos

Publicación: Barcelona ; Planeta . 576 p. ; 24 cm.

Libro entretido e de fácil lectura. Engancha ao lector, pero dende a páxina 400 en adiante é unha decepción. Penso que está sobrevalorado. Engadida 12/12/2022 por María Ines P.

Lejos de Luisiana / Luz Gabás por Gabás, Luz

Publicación: Barcelona : Planeta . 765 p. ; 24 cm

O premio Planeta mais prescindible dos últimos anos. Faise longo. Engadida 10/12/2022 por Javier R.

Historias de mujeres casadas / Cristina Campos por Campos, Cristina

Publicación: Barcelona : Planeta . 460 p. ; 24 cm

50 Sombras de Grey "made in Spain". Engadida 10/12/2022 por Javier R.

Sé lo que estás pensando / John Verdon ; traducción de Javier Guerrero

Publicación: Barcelona : Roca . 430 p. ; 24 cm

Thriller detectivesco muy interesante, fácil de leer, adictivo. Me hizo recuperar la pasión de la lectura. La narración en primera persona es exquisita y te invita a vivirlo como el propio detective. Me agrada ver que forma parte de un quinteto de libros, a buen seguro que me animo con el resto (ya voy con el segundo). Engadida 06/12/2022 por Senén D.

La señora March / Virginia Feito ; traducción del inglés, Gemma Rovira por Feito, Virginia

Publicación: Barcelona : Lumen . 324 p. ; 23 cm

Decepcionante. Bo comezo pero enredase moito no desenlace. Engadida 26/11/2022 por Javier R.

Revolución : una novela / Arturo Pérez-Reverte por Pérez-Reverte, Arturo

Publicación: Barcelona : Alfaguara . 459 p. ; 25 cm

Sinxelo de ler e moi entretido. Boa perspectiva histórica de revolución mexicana. Engadida 23/11/2022 por Javier R.

Historias insólitas de los mundiales de fútbol / Luciano Wernicke por Wernicke, Luciano

Publicación: Madrid : Altamarea . 328 p. ; 21 cm

Entretido Engadida 23/11/2022 por Javier R.

Sangre turbia : un nuevo caso de Cormoran Strike / Robert Galbraith; [tradución do inglés de Gemma Rovira Ortega] por Galbraith, Robert

Publicación: Barcelona : Salamandra . 1070 p. ; 23 cm

Unha vez mais, xenial historia de detectives protagonizada por Comoran Strike e Robin Ellacott. Namorada da pluma de J.K. Rowling! Engadida 14/11/2022 por Susana B.

El show de las marionetas / M. W. Craven ; traducción de Ana Momplet Chico por Craven, M. W.

Publicación: Barcelona : Roca . 350 p. ; 23 cm

Dos mellores thrillers policíacos que teño lido. Moi recomendado! Engadida 14/11/2022 por Susana B.

El caso Alaska Sanders / Joël Dicker ; traducción del francés de María Teresa Gallego Urrutia y Amaya García Gallego por Dicker, Jöel

Publicación: Barcelona : Alfaguara . 586 p. ; 23 cm

Moi bo. Engadida 14/11/2022 por Javier R.

Babysitter / Joyce Carol Oates ; tradución do inglés de Núria Molines Galarza por Oates, Joyce Carol

Publicación: Barcelona : Alfaguara . 497 p. ; 24 cm

Decepcionante. Final moi pobre. Engadida 07/11/2022 por Javier R.

Todo va a mejorar / Almudena Grandes ; nota final de Luis García Montero por Grandes, Almudena

Publicación: Barcelona : Tusquets . 500 p. ; 23 cm

Moi diferente a calquer outra novela de Almudena. Hai un exceso de persoaxes na primeira parte do libro que pode confundir un pouco ó lector. O final floxea un pouco quizais porque non chegou a remata-la novela ela senon o seu marido. Engadida 07/11/2022 por Javier R.

Todo arde / Juan Gomez Jurado por Gómez-Jurado, Juan

Publicación: Barcelona : Ediciones B . 591 p. ; 23 cm

Gómez-Jurado comeza outra serie de novelas que seguen estando entrelazadas coa serie "Reina Roja". Moitos toques en Galego no texto. En resumo, moi recomendable. Engadida 07/11/2022 por Javier R.

Coa tecnoloxía Koha