Entre o Terceiro Reich e os Aliados : Galicia e a Segunda Guerra Mundial / Luis Domínguez Castro, editor
Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2022
253 p. : il. cor e n. ; 24 cm
(Consello da Cultura Galega. Actas)
482889 Actas (Consello da Cultura Galega)
Contén bibliografía
Este volume recolle os relatorios da xornada Galicia e a Segunda Guerra Mundial que o Consello da Cultura Galega acolleu o 13 e o 14 de abril de 2021. Aquel conflito é un dos momentos centrais da historia da
humanidade e Galicia non foi allea ao enfrontamento. A obra consta de tres seccións. A primeira versa sobre a Galicia do Eixe, é dicir, aqueles aspectos que foron unha contribución ao esforzo bélico do III Reich. Desfilan os traballadores e traballadoras forzadas e voluntarias que alimentaron a máquina de guerra nazi ; o papel desempeñado na conflagración pola destacada colonia alemá en Vigo ; os galegos da División Azul coas súas experiencias de combatentes, as súas motivacións e a súa extracción social e ideolóxica, así como a febre do volframio, nunha Galicia que concentrou o 29 % da produción hispana. A segunda sección, Galicia e os aliados, analiza as facetas que contribuíron a favorecer os intereses aliados. Estúdase a conivencia das redes norteamericanas e vaticanas para impedir a influencia nazi na Península ; o labor dos servizos de información británicos en Galicia, como posible escenario dun desembarco aliado antes da invasión de Normandía, e finalmente faise unha aproximación á figura de Augusto Assía, rara avis de correspondente anglófilo. A terceira sección repara na pegada cultural da Segunda Guerra Mundial en Galicia, tanto de maneira directa, a través do seu eco na literatura, como de maneira indirecta, a través da súa ausencia na tentativa de crear a Unión Cultural dos países da Europa Occidental, no exilio londiniense de 1942. A Segunda Guerra Mundial é un lugar de memoria privilexiado que segue convocando tanto a memoria cambiante e acomodaticia como a historia evolutiva e atenta a cada presente. Un lugar de memoria no que Galicia, as súas xentes e a súa cultura deixan sinal.
978-84-17802-46-2
Guerra mundial, 1939-1945 Galicia 735731Guerra mundial, 1939-1945 Galicia 735731
940. 53 / 54 (460. 11) (091) 2015