Aramburu, Fernando (1959-) 391998
Los vencejos / Fernando Aramburu
1ª ed.
Barcelona : Tusquets, 2021
698 p. ; 23 cm
(Andanzas ; 995)
Andanzas (Tusquets) 995 394464
Mediada a cincuentena, Toni, un profesor de instituto decepcionado co mundo, decide poñer fin á súa vida. Meticuloso e sereno, ten elixida a data, dentro dun ano. Ata entón cada noite redactará, no seu piso da Guindalera, que comparte coa súa cadela Pepa e unha biblioteca da que se vai desprendendo aos poucos, unha especie de crónica persoal a intres dura e descreída, a intres tenra e humorística. Con iso espera poñerse en claro consigo mesmo, contar os principais feitos do seu pasado, e unha multitude de asuntos cotiáns nunha España sacudida polas convulsións políticas. Aparecerán os seus pais ; o seu irmán, con quen nunca mantivo unha boa relación ; a súa exmuller Amalia, da que, aínda que quixese, non logra desconectarse do todo ; o seu problemático fillo Nikita ; o seu amigo Patachula, aínda máis cáustico e desengañado que el ; a bondadosa Águeda, que regresa dun antigo amor truncado, e tantas outras figuras que o narrador disecciona con implacable bisturí. Todas van conformando unha fascinante e adictiva constelación humana, na que se suceden os episodios amorosos e familiares, e peripecias de toda índole que trazan a radiografía dun home desorientado, que envorca ata a última partícula da súa intimidade, pero que, querendo facer reconto das súas ruínas, insufla unha inesquecible lección de vida.
978-84-9066-998-3
400418 Novela de la vida cotidiana400391 Novela da vida cotiá
821. 134. 2-31"20"*V 2015