Cultura, sentido e política
: O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) II
Máiz, Ramón
(1953-)
edt
Yuval-Davis, Nira
aut
Fraisse, Geneviève
aut
Clavero, Bartolomé.
aut
Burdiel, Isabel
(1958- )
aut
Consello da Cultura Galega
edt
text
sp
Santiago de Compostela
: Consello da Cultura Galega
, D.L. 2020
2019
monographic
glg
553 p. ; 24 cm.
Parte dos problemas e das insuficiencias das primeiras teorías do nacionalismo, a etnicidade e o multiculturalismo derivábanse dunha concepción das comunidades culturais como grupos prepolíticos, resultado obxectivo dos «feitos empíricos» demográficos e étnicos diferenciais. Así e todo, a filosofía, os estudos históricos e culturais así como as ciencias sociais máis recentes cuestionaron esta perspectiva en canto debedora de asuncións claramente insostibles. Entre estas últimas, a visión das culturas, os grupos étnicos e as nacións como totalidades orgánicas, integradas e homoxéneas, ignorando ou poñendo en segundo plano a diversidade interna, a pluralidade de interpretacións e proxectos concorrentes, así como o conflito entre eles. Como se fosen entidades definitivamente cristalizadas na historia, como conxuntos dados de antemán e esencialmente alleos a calquera eventual proceso de evolución, mudanza ou reformulación. De maneira moi diferente, da man dunha óptica interdisciplinar e construtivista de varia índole, insistiuse na natureza non de obxectos, senón de procesos participativos complexos, continxentes das nacións, grupos étnicos e culturas, na súa apertura e indeterminación. As contribucións presentadas en Cultura, sentido e política, libro que recolle boa parte das achegas da segunda xeira do seminario O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s), desenvolto no Consello da Cultura Galega durante os últimos anos, exploran da man de recoñecidos e recoñecidas especialistas diversas dimensións desde esta innovadora e moi plural perspectiva: xénero, nación, emigración, refuxiados, sustentabilidade, emocións, arte, museos, danza, paisaxe, populismo, relixión etc.
Contén os seguintes artigos: Cultura, sentido e política / Ramón Máiz -- A interseccionalidade situada e os significados da cultura / Nira Yuval-Davis -- Ver e saber: a contradición das igualdades / Geneviève Fraisse -- Como é que non hai un dereito humano á túa cultura propia? / Bartolomé Clavero -- Ideoloxía e humor en tempos escuros: notas desde Siria / lisa Wedeen -- Historia, literatura, biografía: os espazos dun diálogo / Isabel Burdiel -- Cara a unha cultura da sustentanbilidade (valores, mudanza cultural e ecosocialismo no século da Gran Proba) / Jorge Riechmann -- Os lugares da emoción na política / Victoria Camps -- A polémica entre Camus e Sartre: razóns dun desacordo / Rosa María Rodríguez Magda -- O novo sistema internacional e os retos do humanitarismo: a xestión da crise humanitaria e migratoria e das novas formas de violencia directa non política / Rafael Grasa -- A política inmigratoria española no novo escenario: consideracións e propostas / Antonio Izquierdo Escribano -- Os refuxiados na era de Trump: un problema político, non unha crise humanitaria / Javier de Lucas -- A pertenza: símbolos e rituais da naciión / Montserrat Guibernau Berdún -- Espertares nacionais, soños étnicos: os mitos europeos e o Rexurdimento / Joep Leerssen -- lembrar o futuro. Os museos da memoria e o seu rol na construción das identidades culturais / Patrizia Violi -- Paisaxismo e identidade na arte española contemporánea / Carmen Pena López -- De que falamos cando falamos de populismo?. "Máis populista será atúa avoa!" / Francisco Panizza -- A dereita radical populista e a integración europea: análise comparativa dos vínculos entre partidos e votantes / Margarita Gómez-Reino e Iván Llamazares -- O populismo radical: entre as promesas de democratización e o autoritarismo / Carlos de la Torre -- Individualismo posesivo e Europa asocial / Luis Moreno -- Da monarquía católica á república virtuosa. O imaxinario político na creación do mundo Iberoamericano / Anthony Pagden -- Historia cultural da ambición: políticos e tolos nos inicios do mundo contemporáneo / Javier Moscoso -- Escavando túneles: a danza nos albores do séulo XXI / Ana Abad Carlés -- Ciencia e relixión: unha historia de guerra? / William Shea
adult
/ Ramón Máiz, compilador
Cultura -
Coleccións de escritos
Cultura -
Colecciones de escritos
Emigración e inmigración
Cultura política -
Historia
Socioloxía
Sociología
008(082.2)
Ensaio & Investigación (Consello da Cultura Galega)
978-84-17802-11-0
http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4355
http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4355
CSCG
120821
20231220010030.0
1896356
glg