Losada, X. Ricardo (1961-) aut 110747
A casa xunto ao volcán / Xosé Ricardo Losada
1ª ed.
Vigo : Galaxia, 2019
197 p. ; 21 cm
(Literaria (Editorial Galaxia) ; 404)
Con dezasete anos, Xeila ve o seu mundo escachar en anacos : a separación dos pais, as dúbidas sobre a súa vocación profesional, as inseguridades físicas… E por riba, o traslado familiar de Ourense a Rianxo, onde terá que comezar de novo, onde terá que rachar coas inercias psicolóxicas do pasado e buscar iso que o seu profesor de Filosofía consideraba a función básica do ensino : unha mirada propia sobre o mundo e sobre as relacións humanas que nel se establecen. Esa é a maior aventura que se pode vivir na adolescencia, e Xeila empréndea, para sorpresa do profesorado, da súa nai e das súas amizades, incapaces de comprendela. O seu comportamento estraño, contraditorio, mesmo delitivo, é un reto que se impón a partir do pensamento de Nietzsche, estudado nunha das clases de Filosofía : construíde a vosa casa ao lado dun volcán. Un volcán que acabará modificando non só a vida de Xeila, senón a de todas as persoas que a presencian, e mesmo son sacudidas pola súa erupción.
Premio Viadutos de Novela 2019
978-84-9151-416-9
400391 Novela da vida cotiá400418 Novela de la vida cotidiana
821. 134. 4-31"20" 2015