TY - BOOK AU - Redondo,Dolores TI - La cara norte del corazón T2 - (Áncora y Delfín SN - 978-84-233-5635-5 PY - 2019/// CY - Barcelona PB - : Destino KW - Salazar, Amaia (Personaxe de ficción) KW - Salazar, Amaia (Personaje de ficción) KW - Novela de intriga e misterio KW - Novela de intriga y misterio N1 - Precuela da Triloxía do Baztán N2 - Cando Amaia Salazar tiña doce anos estivo perdida no bosque durante dezaseis horas. Era de madrugada cando a atoparon a trinta quilómetros ao norte do lugar onde se despistou da senda. Desvanecida baixo a intensa choiva, a roupa ennegrecida e chamuscada como a dunha bruxa medieval rescatada dunha fogueira, e, en contraste, a pel branca, limpa e xeada coma se acabase de xurdir do xeo. En agosto de 2005, moito antes dos crimes que conmocionaron o val do Baztán, unha nova Amaia Salazar de vinte e cinco anos, subinspectora da Policía Foral, participa nun curso de intercambio para policías da Europol na Academia do FBI, en Estados Unidos, que imparte Aloisius Dupree, o xefe da unidade de investigación. Unha das probas consiste en estudar un caso real dun asasino en serie a quen chama «o compositor», que sempre actúa durante grandes desastres naturais atacando a familias enteiras e seguindo unha posta en escena case litúrxica. Amaia converterase inesperadamente en parte do equipo da investigación que os levará ata Nova Orleans, en vésperas do peor furacán da súa historia, para tentar adiantarse ao asasino... Pero unha chamada da súa tía Engrasi desde Elizondo espertará en Amaia pantasmas da súa infancia, enfrontándoa de novo ao medo e aos recordos que a dotan dun extraordinario coñecemento da cara norte do corazón ER -