110597 Lorenzo Vázquez, Ramón (1935-) aut
Mosteiro de Montederramo : colección documental e índices / Ramón Lorenzo ; coa colaboración de Maka Pérez ; [presentacións, Ramón Villares, Valentín García Gómez, Ernesto González Seoane ; índices CD, Silvia Viso Pérez]
Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2019
177 p. : mapas br. e n. ; 24 cm + 1 CD
(Gallaeciae Monumenta Historica)
655502 Gallaeciae Monumenta Historica (Consello da Cultura Galega)
Na port. : Gallaeciae Monumenta Historica (GMH)
Esta obra contén a edición de toda a colección documental do mosteiro ourensán de Montederramo, desde o primeiro documento que se conserva (do 15 de marzo de 1124) ata os últimos escritos en pergamiño no século XVI (do 25 de marzo de 1560) , en total 1880 documentos, seguidos de dous longos apéndices que conteñen dúas cartas executorias, unha de 1520 e outas de 1606, nas que se reproducen moitos documentos anteriores. Característica importante da edición é que, ó contrario de numerosas edicións feitas ata agora, tódolos documentos foron transcritos integramente, non se puxeron documentos sumariados e van incluídos os escritos no século XVI, pois desta maneira pódese ver como se foi desenvolvendo a lingua e como se deu a substitución lingüística, primeiro do latín polo galego e despois do galego polo castelán, pois na colección aparecen documentos nestas tres linguas, así como uns poucos en portugués. Na longa introdución figuran unhas notas de carácter histórico, as normas de transcrición (con referencia á separación e unión das palabras, puntuación e uso das minúsculas e maiúsculas, a acentuación, o desenvolvemento das abreviaturas, o valor du trazo horizontal sobre as palabras abreviadas, as interferencias entre as abreviaturas, as abreviaturas desaxustadas e a os sinais diacríticos) , unha serie de consideracións sobre os grafemas e algunhas referencias e características lingüísticas. A edición foi feita con criterios filolóxicos, con todo rigor e respectando totalmente a lingua dos manuscritos, polo que representa unha obra esencial para o coñecemento da lingua medieval e da primeira metade do XVI. Nesta nova edición, os textos figuran nun CD xunto cos índices antroponímico e toponímico.
978-84-17802-05-9
Mosteiro de Santa María de Montederramo (Ourense) 223410Mosteiro de Santa María de Montederramo (Ourense) 223410
472931 Manuscritos medievais - Galicia315716 Manuscritos medievales321166 Mosteiros galegos - Fontes documentais320390 Monasterios gallegos - Fuentes documentales
091 (460. 117) 930. 255 (460. 117)