Uribe, Kirmen (1970-) aut 191078
Bilbao-New York-Bilbao / Kirmen Uribe ; tradución de Isaac Xubín.
Vigo : Xerais, 2010.
207 p. ; 22 cm.
Narrativa ; 286
Narrativa (Edicións Xerais de Galicia) 405349
Utilizando a escusa da súa viaxe en avión entre Bilbao e New York, Kirmen Uribe realiza un exercicio de auto novelar a súa propia historia e a da súa familia, nun ir e vir entre pensamentos e realidades, nos que deixa caer pequenas historias sobre o seu proceso creativo ao enfrontarse a esta obra, as particulares vivencias do seu avó, pescador na vila costeira de Ondarroa, a relación de Ondarroa co pintor Aurelio Arteta, o proceso creativo de Arteta, a relación entre Arteta e o arquitecto Bastida, etc? E así, unindo unha cousa con outra, nun vaivén emocional como adoita suceder cos propios pensamentos, nárranos pequenos sucesos máxicos do pasado da súa familia, casualidades incribles coa xente do presente, curiosidades, reflexións e soños. Destaca por encima de todo esa voz sinxela que debulla realidades repletas de humanidade e de poesía, que profunda na vida sinxela dos pescadores, na cultura tradicional, na orixe ancestral do eúscaro e nos similares procesos creativos de todo artista.
Premio Nacional de Narativa 2009
978-84-9914-100-8
Novela social e política 400393Novela social y política 400390
821. 361-31 "20"*S [2000]