TY - BOOK AU - Etxezarreta,Miren AU - Iglesias Fernández, José TI - Qué pensiones, qué futuro : : el Estado de bienestar en el siglo XXI / T2 - (Antrazyt. Economía SN - 978-84-9888-125-7 PY - 2010/// CY - Barcelona : PB - Icaria, KW - Pensiones de jubilación KW - Pensións de xubilación KW - Estado social KW - - 21º século KW - - 21º siglo N2 - No primeiros setenta iniciouse un ataque ás pensións públicas nas ditaduras de Chile e Arxentina, co asesoramento de Milton Friedman, economista famoso polo seu enfoque monetarista. Desde 1995 este ataque foi reforzado polo Banco Mundial cun informe que relanzou o tema, esta vez nos países máis ricos. Desde entón tanto as institucións económicas internacionais como os gobernos, así como os bancos e outras institucións financeiras están a realizar permanentemente un ataque aos sistemas públicos de pensións baixo a afirmación, repetida sen cesar, que estes sistemas non serán viables no futuro xa que a poboación xubilada crece (demasiado?) rapidamente. Como solución a este "problema" expoñen a conveniencia que se desenvolvan as pensións privadas xestionadas polas entidades financeiras que, moitas veces, financian os informes. Neste libro trátase de demostrar que os argumentos dos poderes fácticos (económicos e institucionais) son falsos e baseados en argumentos facilmente refutables. Que as pensións públicas son sostibles e que, pola contra, as pensións privadas implican gravísimos riscos. Preséntanse argumentos que mostran que as pensións privadas distarían moito de ser a solución se se presentasen problemas ás pensións públicas e que o interese en orientar as pensións á esfera do privado reside na conveniencia das mesmas para os intereses do capital financeiro e non para os xubilados ER -