Qué pensiones, qué futuro : el Estado de bienestar en el siglo XXI / Miren Etxezarreta, José Iglesias Fernández. . . [et al. ]
Barcelona : Icaria, 2010.
167 p. ; 22 cm.
(Antrazyt. Economía ; 314)
Antrazyt (Icaria) . Economía. 440298
No primeiros setenta iniciouse un ataque ás pensións públicas nas ditaduras de Chile e Arxentina, co asesoramento de Milton Friedman, economista famoso polo seu enfoque monetarista. Desde 1995 este ataque foi reforzado polo Banco Mundial cun informe que relanzou o tema, esta vez nos países máis ricos. Desde entón tanto as institucións económicas internacionais como os gobernos, así como os bancos e outras institucións financeiras están a realizar permanentemente un ataque aos sistemas públicos de pensións baixo a afirmación, repetida sen cesar, que estes sistemas non serán viables no futuro xa que a poboación xubilada crece (demasiado?) rapidamente. Como solución a este "problema" expoñen a conveniencia que se desenvolvan as pensións privadas xestionadas polas entidades financeiras que, moitas veces, financian os informes. Neste libro trátase de demostrar que os argumentos dos poderes fácticos (económicos e institucionais) son falsos e baseados en argumentos facilmente refutables. Que as pensións públicas son sostibles e que, pola contra, as pensións privadas implican gravísimos riscos. Preséntanse argumentos que mostran que as pensións privadas distarían moito de ser a solución se se presentasen problemas ás pensións públicas e que o interese en orientar as pensións á esfera do privado reside na conveniencia das mesmas para os intereses do capital financeiro e non para os xubilados.
978-84-9888-125-7-978-84-9888-125-8 (erróneo)
Pensiones de jubilación. 390864Pensións de xubilación. 331886Estado social - 21º século 654855Estado social - 21º siglo 289271
364. 35"20" [2000]