TY - BOOK AU - Vázquez Freire,Miguel AU - Caride,Ramón AU - Fernández Paz,Agustín AU - Alfaya,An AU - Prado,Miguelanxo AU - Docampo,Xabier P. TI - Historias para calquera lugar / T2 - (Merlín (Edicións Xerais de Galicia) ; SN - 84-8302-626-0 PY - 2001/// CY - Vigo : PB - Edicións Xerais de Galicia, KW - Antologías infantiles KW - Cuentos KW - Vida real KW - Aventuras N1 - A muller prohibida / An Alfaya. A primeira aventura de Sheila e Said / Ramón Caride. As sombras do faro / Agustín Fernández Paz. Do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira / Xabier P. Docampo. A secta do can / Miguel Vázquez Freire N2 - Libro colectivo con cinco relatos, ilustrados por Miguelanxo Prado, onde se mesturan a intriga, o humor e a emoción; historias que atrapan sen remedio a atención de quen as le. "A muller prohibida" é un emocionante conto de iniciación e recuperación da memoria. Mentres camiñan descalzos polo areal, o narrador adolescente escoita engaiolado o seu padriño, o relato de como viviu os tempos de Franco e a experiencia dolorosa do seu amor prohibido. "A primeira aventura de Sheila e Said" nos sitúa na fronteira entre os desertos do erg e do reg, nos primeiros anos de vida de Sheila e Said, na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan. Un trepidante relato da mellor ciencia ficción ecolóxica e solidaria. "As sombras do faro" é un estremecedor relato de terror e intriga, coa presencia das sombras do pasado. O narrador recupera a súa memoria de iniciación adolescente en Pontebranca. Rememora as súas viaxes en bicicleta para explorar a vila e os seus arredores, e a fascinación que sentían por visita-lo outeiro do faro, onde non vai nunca ninguén. "Do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira" é un conto cheo de humor. A Silvano mudoulle a vida cando caeu da cerdeira; conmocionado polo golpe, dende entón farfallaba unha lingua que non entendía ninguén. Silvano era un neno simpático, para todos tiña algunha palabra amable que dicía con cara de risa, magoa que ninguén o entendera. "A secta do can" é un relato de ciencia ficción e intriga. Ax debe localizar, neutralizar e, se fose preciso, destruír á Secta do Can, un grupo de natureza descoñecida que intervén de forma reiterada en pantallas públicas e privadas, mediante mensaxes agresivas e disolventes, manifestamente contrarias á Orde Unica Universal. ER -