154899 Quiroga, Xabier (1961-) aut
Alguén ao lado / Xabier Quiroga
Vigo (Pontevedra) : Edicións Xerais, 2026
343 p. ; 23 cm
Luís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe. Esa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en que, co paso dos anos, se converteu. E con ela volve, sen remedio, a lembranza do intenso pasado ao lado do Iak e a Mar nun concello «rural e aburrido do interior», e mais o devezo por procurar as respostas que expliquen o camiño ata o seu errático presente.
9788411107631
400418 Novela de la vida cotidiana400391 Novela da vida cotiá
821. 134. 4-311. 2"20"