TY - BOOK AU - Matyszak,Philip AU - Cano Camarasa,Rosa TI - Ciudades perdidas de la humanidad / SN - 9788410469341 PY - 2025/// CY - Barcelona : PB - Blume, KW - Ciudades y pueblos desaparecidos KW - Cidades e pobos desaparecidos KW - Civilización antigua - KW - Curiosidades KW - Civilización antiga - N1 - Índice N2 - * Que pasou cos lugares que a historia esqueceu, as cidades mergulladas, decimadas por exércitos invasores ou tragadas polas areas do tempo? Onde están e que poden dicirnos do noso pasado? * Descubra capitais abandonadas de outrora grandes imperios, vilas luxosas enterradas en cinza volcánica, redes de moradas en covas, cidades bíblicas perdidas para o mundo, templos e tumbas monumentais, rebelións e revoltas, portos comerciais desaparecidos no mar, sacrificios rituais en cidades asediadas ou a verdadeira Troia. * Desde a cidade afundida de Thonis fronte á costa de Exipto ata as profundas casas cova de Derinkuyu en Turquía, dáse unha nova vida ás cidades que o tempo esqueceu, e así se exploran xacementos de Europa, Oriente Próximo e Asia, e abárcanse catro mil anos da historia da humanidade. Ao longo das páxinas deste libro revélase unha dinámica rede de pobos e culturas que loitaron e comerciaron entre eles e intercambiaron invencións, ideas e filosofías, de modo que pobos tan afastados entre si como *Çatalhöyük en Turquía e Skara Brae nas illas Orcadas compartiron gran parte dun acervo común. Naqueles casos nos que os restos arqueolóxicos e os artefactos desapareceron totalmente, recórrese a textos antigos para descubrir o que sucedeu coas cidades que non foron achadas. As tribulacións e os triunfos aos que facían fronte, entre eles a maneira en que se enfrontaban ao cambio climático, ao desprazamento e aos conflitos, constitúe unha lección para o presente ER -