Creadoras del exilio republicano español en América Latina Miradas transatlánticas y de género : miradas transatlánticas y de género / Carmen Gaitán Salinas, Alejandro Coello Hernández (eds.)
Albolote (Granada) : Comares, D. L. 2025
268 p. : il. cor ; 24 cm.
(Mujeres, historia y feminismos ; 19)
Bibliografía : p. 251-267
A diáspora que produciu o exilio republicano español de 1939 afectou, sen ningunha dúbida, ás súas creadoras e os esforzos prebélicos destas por reclamar espazos e dereitos que as amparasen, polo que a súa diseminación supuxo un retroceso nas súas loitas, un enfraquecemento das súas redes e unha precarización vital, material e autorial das súas traxectorias. Esta publicación aborda, nese sentido, como as mulleres canalizaron as súas carreiras artísticas en Latinoamérica desde unha mirada transdisciplinar e transatlántica co fin de esbozar unha xeografía diversa e dispersa. Con todo iso, preténdese construír un relato interseccional que permita equiparar os múltiples obstáculos e as experiencias coincidentes que sufriron estas mulleres en distintas disciplinas, o que sitúa ao xénero como unha variable fundamental para a historiografía das artes no exilio. Así mesmo, profúndase nos intercambios e os diálogos cunha tradición de acollida coa que as creadoras compartían un idioma en común, así como estúdase o impacto que o seu paso polos países receptores xerou nas industrias culturais. Neste volume, profúndase, por tanto, na creación plástica, literaria, radiofónica, teatral, fotográfica, dancística, arquitectónica, cinematográfica e musical de artistas como Remedios Varo, Maruja Mallo, Emiliana de Zubeldía, Kati Horna, Josefina Saisó Sampere, María Teresa León, María Luisa Algarra ou Encarnación López Júlvez, a Argentinita. Trátase apenas dun esbozo das posibilidades que o Atlántico e os seus roteiros marítimos abriron para unhas artistas dispostas a continuar navegando os duros embates do exilio e da arte. [Ed. ]
978-84-1369-936-3
257241 Arte y exilio - 1939-1975255481 Arte e exilio - 1939-1975775287 Mujeres artistas España Exilio América Latina 1939-1975 Estudios y conferencias775288 Mulleres artistas España Exilio América Latina 1939-1975 Estudos e conferencias
7. 071-055. 2 (460) : 343. 264"1939 / 1975 2015