TY - BOOK AU - Rivero Taravillo,Antonio TI - Álvaro Cunqueiro, sueño y leyenda T2 - ( Biblioteca de la memoria SN - 979-13-87939-06-9 CY - KW - Cunqueiro, Álvaro N2 - No seu conto «Del rigor en la ciencia», Borges, con quen tanta afinidade tivo Cunqueiro, referiuse a un mapa dun imperio que chegaba a ter as dimensións do mesmo imperio. Esta completa biografía de Álvaro Cunqueiro (1911-1981), se non alcanza a ter o mesmo tamaño da súa obra ou o seu voluminoso físico, entra en detalles da vida e a literatura do escritor galego como ningún traballo anterior ha conseguido, ofrecendo un retrato de corpo enteiro dun dos máis importantes autores de Galicia, e España toda, do século XX. Rivero Taravillo serviuse de incontable material durmido nas hemerotecas, así como de abundante material inédito e testemuños persoais de quen o coñeceu. O resultado é unha exhaustiva biografía do creador de Merlín e familia que reconstrúe un personaxe único e a súa época, unha narración que non deixa de lado a análise e pon en pé, con coidada prosa, a vida dun soñador, sobre o que se foi tecendo á súa vez unha lenda nada do seu singular carácter, ao que moitos lectores recoñecen, aínda hoxe, como unha inacabable e encantadora fonte de praceres literarios ER -