774479 SenLinYu
Alchemised : no queda nadie a quien salvar / SenLinYu ; [traducción, Ankara Cabeza y Patricia Mora]
1ª edición
Barcelona : Montena, 2025
1056 páxinas ; 24 cm
—Que crees que está a protexer ese cerebro que tes? A guerra acabou. Holdfast está morto. A Chama Eterna acabouse. Non queda ninguén a quen salvar. Aínda que no pasado era unha alquimista con futuro, Helena Marino é agora unha prisioneira, de guerra e da súa propia mente. Os seus amigos e aliados da Resistencia foron brutalmente asasinados, as súas habilidades, reprimidas, e o mundo que coñecía, esnaquizado. Tras unha longa guerra, a nova clase dirixente de Paladia, familias corruptas do gremio e nigromantes depravados, cuxos infames non mortos foron clave para outorgarlles a vitoria, manteñen cautiva a Helena. Segundo os rexistros da Resistencia, era unha sanadora insignificante das súas filas. Pero Helena sofre dunha inexplicable perda de memoria que lle fixo esquecer os meses previos ao seu cativerio e que fai preguntarse aos seus inimigos : de verdade é tan insignificante como parece ou a súa perda de memoria esconde algunha peza crave sobre a última táctica da Resistencia?
Para descubrir os recordos enterrados no fondo da súa mente, envían a Helena ao Sumo Inquisidor, un dos nigromantes máis poderosos e desapiadados deste novo mundo. Atrapada na súa mansión derruida, a loita de Helena (a de protexer a súa historia perdida e a de preservar os últimos farrapos da súa persoa) apenas comezou, pois o seu cárcere e carcereiro esconden os seus propios segredos… Segredos que Helena debe desvelar, custe o que custe.
978-84-10050-07-5
400388 Novela fantástica400388 Novela fantástica385936 Novela de terror385936 Novela de terror694890 Novela romántica694890 Novela romántica
821. 111 (73) -31"20" 2015