TY - BOOK AU - Kuang,R.F.(Rebecca F.) AU - Henríquez Espejo,Patricia TI - Catábasis SN - 979-13-87711-19-1 PY - 2025/// CY - Madrid PB - : Hidra KW - Novela fantástica N2 - Alice Law sempre tivo unha única meta: converterse nuna das mentes máis brillantes no campo da maxia. Sacrificouno todo para tratar de conseguilo: o seu orgullo, a súa saúde, a súa vida amorosa, e por suposto, a súa cordura. Todo para traballar en Cambridge co profesor Jacob Grimes, o mellor mago do mundo. Ata que o profesor morre nun accidente máxico que podería ter sido culpa de Alice. Grimes foi ao inferno, e ela vai na súa procura sen dubidalo. Porque ter unha carta de recomendación nas súas incorpóreas mans podería ser clave para o seu futuro, e a morte non vai evitar que siga perseguindo os seu soños... E o seu rival, Peter Murdoch, chegou a mesma conclusión. Sen nada que lles sirva de guía, excepto as historias de Dante e Orfeo e cargados de xiz suficiente como para debuxar todos os pentagramas necesarios para os seus feitizos, ademais do ardente desexo de lograr que todos os seus esforzos académicos serviran de algo, dispóñense a percorrer o inferno en busca dun home que nin sequera lles cae ben. Pero o inferno non é como aparece nos libros de ficción: a maxia non sempre é a resposta, e hai algo no pasado de Alice e Peter que podería convertelos en aliados perfectos... ou conducilos á perdición ER -