TY - BOOK AU - Labraña,Carlos TI - O Faro T2 - (Barriga verde SN - 978-84-9995-465-3 (Baía Edicións) PY - 2025/// CY - A Coruña PB - : Baía Edicións KW - Teatro galego KW - Teatro gallego N2 - La desbandá foi un dos episodios máis cruentos da Guerra Civil. Coa chegada das tropas nacionais a Málaga, o 7 de febreiro de 1937, a poboación entra en pánico e máis de cen mil persoas foxen co posto pola estrada da costa en dirección a Almería, protagonizando o maior éxodo do conflito. A marea de refuxiados queda atrapada nunha especie de funil no concello de Torre del Mar, onde empezan os bombardeos desde os buques nacionais e a aviación alemá. Neste contexto, Anselmo Vilar, o fareiro de Torre del Mar, nado en Castro de Rei (Lugo), xogou, figuradamente, unha terrible partida de xadrez. Cando hai que fuxir do horror refuxiándose na escuridade da noite, a luz dun faro, prendida para protexer vidas, pode facer o contrario: sinalar a posición dos inocentes. O dilema entre o deber de obediencia e o deber moral enfróntanse sobre o taboleiro, pero unha das partes xoga cunha peza de máis. Será a obriga cega, o frío concepto do deber, ou será a honra, a responsabilidade... a humanidade? O mellor e o peor da condición humana atópanse descritos con toda a súa crudeza nesta impresionante peza teatral. ER -