399779 Labraña, Carlos (1969-) aut
O Faro / Carlos Labraña
1ª ed.
A Coruña : Baía Edicións, 2025 (Cerceda : Trama y Tinta)
43 p. : il. ; 23 cm
(Barriga verde ; 21)
406914 Barriga verde (Baía)
La desbandá foi un dos episodios máis cruentos da Guerra Civil. Coa chegada das tropas nacionais a Málaga, o 7 de febreiro de 1937, a poboación entra en pánico e máis de cen mil persoas foxen co posto pola estrada da costa en dirección a Almería, protagonizando o maior éxodo do conflito. A marea de refuxiados queda atrapada nunha especie de funil no concello de Torre del Mar, onde empezan os bombardeos desde os buques nacionais e a aviación alemá. Neste contexto, Anselmo Vilar, o fareiro de Torre del Mar, nado en Castro de Rei (Lugo) , xogou, figuradamente, unha terrible partida de xadrez. Cando hai que fuxir do horror refuxiándose na escuridade da noite, a luz dun faro, prendida para protexer vidas, pode facer o contrario : sinalar a posición dos inocentes. O dilema entre o deber de obediencia e o deber moral enfróntanse sobre o taboleiro, pero unha das partes xoga cunha peza de máis. Será a obriga cega, o frío concepto do deber, ou será a honra, a responsabilidade. . . a humanidade? O mellor e o peor da condición humana atópanse descritos con toda a súa crudeza nesta impresionante peza teatral.
Gañadora do XVI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade adultos, 2024
978-84-9995-465-3 (Baía Edicións) -978-84-453-5516-9 (Xunta de Galicia)
387743 Teatro galego387747 Teatro gallego
821. 134. 4-2