718511 Tapiador, Francisco J. (1973- aut
El clima de la Tierra para escépticos y gente inteligente / Francisco J. Tapiador

Sevilla : Editorial Renacimiento, 2025
226 p. ; 21 cm
(Biblioteca Ciencia y Divulgación)
Este breve libro ofrece unha presentación obxectiva do cambio climático. Lonxe de propagandas ou de programas ideolóxicos, ofrece multitude de elementos de xuízo para que o lector se forme a súa opinión sobre o tema. Explícanse con sinxeleza conceptos básicos, como o efecto invernadoiro, a diferenciar entre tempo e clima, ou os factores astronómicos que xeran os cambios no clima. A través dun estilo divulgativo e dirixido a un público adulto e intelixente, o texto salienta a necesidade do escepticismo na práctica científica. Discútese tamén o alcance do concepto de emerxencia climática, facendo especial énfase no estudo da choiva, a especialidade do autor. A explicación sobre como funcionan os modelos de tempo e clima é exemplar tanto pola súa claridade como pola precisión técnica con que se presenta. Escrito nunha linguaxe moi clara, e nun bo castelán que non necesita fórmulas nin ecuacións, este libro é o agasallo ideal para aquelas persoas intelixentes e formadas con reservas sensatas e lexítimas sobre o consenso científico.
979-13-87552-84-8
270618 Climatología1122 Climatoloxía393075 Cambios climáticos413679 Cambios climáticos
504. 7 : 551. 58591. 543