102356 Kureishi, Hanif (1954-)
A pedazos / Hanif Kureishi ; traducción de Mauricio Bach
1ª edición
Barcelona : Anagrama, 2025
254 páxinas ; 22 cm
(Panorama de narrativas ; 1158)
454944 Panorama de narrativas (Anagrama) ; 1158
No Nadal de 2022, mentres pasaba as vacacións en Roma coa súa parella, Isabella, Hanif Kureishi sufriu un desmaio e esborrallouse. Ao recuperar a consciencia atopouse no chan, rodeado dun charco de sangue, e non tardou en descubrir que era incapaz de moverse. Unha vez no hospital, os médicos confirmaron que quedara parapléxico. Este libro testemuñal —que é moito máis que un libro testemuñal— está escrito en forma de despachos de urxencia, ou como entradas dun diario ditado durante a súa estancia en varios hospitais, primeiro en Roma e despois, xa de volta a casa, en Londres. Unha escritura fragmentaria, a pedazos, na que o autor relata a súa dura realidade diaria, a súa completa dependencia dos demais, a difícil asimilación do seu novo estado, as sesións de fisioterapia coas que recuperar algo de sensibilidade e mobilidade nas extremidades, a relación co persoal médico, a incipiente amizade con outros pacientes e as tenues esperanzas ante cada pequeno signo de posible melloría. Kureishi, con todo, non se limita a sentar acta do seu día a día hospitalario, que conta sen panxoliñas, senón que tamén evoca a súa infancia, o descubrimento da literatura, os primeiros traballos no mundo do teatro, a fama que o levou a visitar Hollywood nomeado ao Óscar polo guión de "Mi hermosa lavandería", as súas aventuras sexuais ou a amizade con autores como Salman Rushdie. Estas páxinas, cheas de zumarentas reflexións sobre o oficio e o sentido da escritura como acto creativo, convértense para el nunha arma de combate : un modo de asimilar e ao mesmo tempo rebelarse contra a súa situación. Constitúen un relato testemuñal e íntimo, pero tamén unha nova mostra da prosa vívida e visceral de Kureishi, que non fuxe do carnal e o escatolóxico. Un libro sincero, desgarrador, conmovedor. A escritura como salvavidas.
9788433946898
400381 Novela biográfica400381 Novela biográfica
2015 821. 111-94"20"2015 929Kureishi, Hanif