396573 Bermejo Barrera, José Carlos (1952-) aut
As guerras : entre a retórica e a violencia / José Carlos Bermejo Barrera
Santiago de Compostela : Laiovento, 2025 (Tórculo Comunicación Gráfica)
203 p. : mapas ; 21 cm
(Ensaio ; 462)
Bibliografía
A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucídides, foi reivindicada pola historiografía occidental do século XIX, que vía en Grecia e Roma o berce dun “modelo occidental” da guerra. Na actualidade, politólogos como Hanson, Luttwak e Huntington, asesores dos plans estratéxicos dos EE. UU., seguen defendendo este modelo. Este libro analiza como se “racionaliza” a guerra, defendendo a existencia dunha vinculación íntima entre a estratexia militar, a democracia, a economía e o desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía, elementos todos eles que terían o seu nacemento na Grecia antiga e que posteriormente serían a columna vertebral do estado-nación. A realidade foi moito máis complexa, porque a guerra vai unida á imposición de réximes políticos, permite consolidar a explotación económica e fomenta a hostilidade constante entre estados, elementos todos eles xa presentes na antigüidade clásica, que intentaría regular a guerra a través do dereito. A partir da I Guerra Mundial, nace a guerra de materiais, que supón un incremento xigantesco da capacidade de destrución. Pero esta ocúltase construíndo a imaxe dunha “guerra hixiénica”, que nega o sufrimento real dos combatentes e da poboación civil, sobre todo dos nenos e as mulleres, que sofren un tipo de violencia bélica moi específico, tal como se pode ver no último capítulo do libro. Neste libro analízase a “guerra vivida”, non só a pensada, na perspectiva que defendía Luciano de Samosata no século II da nosa era, cando dicía que o historiador debe ter a capacidade de dicir a verdade, querer contala e non facerlle as beiras aos poderosos.
978-84-8487-727-1
2929 Guerra2929 Guerra
383280 Ensaio383284 Ensayo
821. 134. 4-4355. 01