TY - BOOK AU - Palacio,Alfonso AU - Moro García,Sara AU - Kawamura,Yayoi AU - Almazán Tomás,Vicente David ( ED - Museo de Zaragoza ED - Asociación de Amigos del Museo de Bellas Artes de Asturias ED - Museo de Bellas Artes de Asturias TI - Japón : : [exposición] : el elogio de la elegancia : pintura, grabado y laca de los siglos XVIII y XIX SN - 978-84-09-69117-3 PY - 2025///] CY - Oviedo PB - : Amigos del Museo de Bellas Artes de Asturias KW - Museo de Zaragoza KW - Colecciones de arte KW - Exposiciones KW - Coleccións de arte KW - Exposicións KW - Arte japonés KW - 1701-1900 KW - Arte xaponés N1 - Índice onomástico de artistas; Bibliografía: p. 259-264 N2 - A exposición representa a madurez que alcanzou a arte no período Edo (1615-1868), un longo período de estabilidade cultural en Xapón. Son pinturas, estampas, lacas urushi e outras artes que pertencen principalmente aos séculos XVIII e XIX. As obras expostas proceden do Museo de Zaragoza: por unha banda, da colección de arte oriental de Federico Torralba (1913-2012), e das coleccións de obra gráfica xaponesa Pasamar-Onila e de M.A. Gutiérrez. Á vez, dúas obras gráficas do pintor Léonard Foujita (1886-1988) que o Museo de Belas Artes de Asturias posúe completan a mostra. Expóñense basicamente dous tipos de pintura nos seus variados formatos tradicionais, que son, por unha banda, a pintura en cor de longa tradición que se remonta ao século X e, doutra banda, a pintura monocromática moi vinculada ao budismo zen, caracterizada polas sutís augadas capaces de expresar unha gran variedade de grises e polos hábiles trazos do pincel. O gravado de madeira experimentou tamén un gran desenvolvemento artístico e técnico na segunda metade do século XVIII. Este gravado denominado de estilo ukiyoe ten nesta exposición unha ampla presenza: elegantes mulleres, gallardos homes e fantásticas paisaxes e naturezas, que inclúen obras de Utamaro, Hokusai e Hiroshige. O gravado ukiyoe, amplamente coñecido en Europa desde finais do século XIX, foi o principal causante do japonismo no ámbito europeo e americano no paso do século XIX ao XX. Os obxectos de laca xaponesa urushi que acompañaban a vida da clase samurái e dos acomodados cidadáns como caixiñas e estoxos para incensos. A exposición tamén inclúe unha representación do universo da cerimonia do té, dun espírito sobrio e exquisito, e o mundo do deseño da escola Rinpa, que tamén deixou pegadas significativas no japonismo ER -