224535 Museo de Zaragoza
Japón : [exposición] : el elogio de la elegancia : pintura, grabado y laca de los siglos XVIII y XIX / [coordinación, Alfonso Palacio, Sara Moro ; textos, Yayoi Kawamura, David Almazán].
Oviedo : Amigos del Museo de Bellas Artes de Asturias, [2025]
267 p. : il. cor ; 24 cm.
Índice onomástico de artistasBibliografía : p. 259-264
A exposición representa a madurez que alcanzou a arte no período Edo (1615-1868) , un longo período de estabilidade cultural en Xapón. Son pinturas, estampas, lacas urushi e outras artes que pertencen principalmente aos séculos XVIII e XIX. As obras expostas proceden do Museo de Zaragoza : por unha banda, da colección de arte oriental de Federico Torralba (1913-2012) , e das coleccións de obra gráfica xaponesa Pasamar-Onila e de M. A. Gutiérrez. Á vez, dúas obras gráficas do pintor Léonard Foujita (1886-1988) que o Museo de Belas Artes de Asturias posúe completan a mostra. Expóñense basicamente dous tipos de pintura nos seus variados formatos tradicionais, que son, por unha banda, a pintura en cor de longa tradición que se remonta ao século X e, doutra banda, a pintura monocromática moi vinculada ao budismo zen, caracterizada polas sutís augadas capaces de expresar unha gran variedade de grises e polos hábiles trazos do pincel. O gravado de madeira experimentou tamén un gran desenvolvemento artístico e técnico na segunda metade do século XVIII. Este gravado denominado de estilo ukiyoe ten nesta exposición unha ampla presenza : elegantes mulleres, gallardos homes e fantásticas paisaxes e naturezas, que inclúen obras de Utamaro, Hokusai e Hiroshige. O gravado ukiyoe, amplamente coñecido en Europa desde finais do século XIX, foi o principal causante do japonismo no ámbito europeo e americano no paso do século XIX ao XX. Os obxectos de laca xaponesa urushi que acompañaban a vida da clase samurái e dos acomodados cidadáns como caixiñas e estoxos para incensos. A exposición tamén inclúe unha representación do universo da cerimonia do té, dun espírito sobrio e exquisito, e o mundo do deseño da escola Rinpa, que tamén deixou pegadas significativas no japonismo.
Catálogo da exposición realizada do 7 de novembro de 2024 ao 12 de xaneiro de 2025 no Museo de Bellas Artes de Asturias
978-84-09-69117-3
716565 Museo de Zaragoza Colecciones de arte Exposiciones716566 Museo de Zaragoza Coleccións de arte Exposicións
770817 Arte japonés 1701-1900 Exposiciones770818 Arte xaponés 1701-1900 Exposicións
7. 036 (520) "17 / 18" : 069. 5 (460. 224 Zaragoza) (083. 824) 2015069. 5 (460. 224 Zaragoza) : 7. 036 (520) "17 / 18" (083. 84) 2015