TY - BOOK AU - Cheon,Myeong-kwan AU - Han,Seoa AU - Díez Cidoncha,Paola TI - Ballena SN - 978-84-127644-4-4 PY - 2025/// CY - Yebes (Guadalajara) PB - : Shiro libros KW - Novela da vida cotiá KW - Novela de la vida cotidiana KW - Novelas coreanas N2 - Un relato multixeracional que combina fábula, fantasía e o peso dos anos, tan surrealista como profundamente humano. Ambientada nunha remota aldea de Corea do Sur, narra a historia de Kumbok, que persegue unha emoción indescritible desde que viu por primeira vez unha balea, e da súa filla muda, Chunhee, que en soños fala cun elefante. Pero tamén é a historia dun pobo: dun cárcere, un circo ambulante, unha fábrica de ladrillos e un cinema con forma de balea construído no medio da nada. Dun antigo membro da yakuza que se corta seis dedos por amor e dunha muller chosca que domina abellas cun chifre. Cunha mirada conmovedora sobre a fraxilidade dos soños, Cheon Meyong-kwan explora a tensión entre o desexo e a desilusión que acompaña a toda esperanza rota. Rebosante xiros, ironía e humor escuro, Balea é unha aventura de proporcións épicas, escrita por unha das voces máis singulares da literatura actual. ER -