TY - BOOK AU - Egea Lapina,Henrique ED - Associaçom Galega da Língua TI - As histórias que nos cont(ar)am T2 - (Através de Nós SN - 978-84-10491-03-8 PY - 2025/// CY - Santiago de Compostela PB - : Através KW - Galicia KW - Historia N1 - Bibliografía N2 - A maioría de nós cre que a historiografia nace da análise do pasado, baseada nos datos dispoñíbeis. Mais a historiografía, e específicamente a destinada á divulgación, acostuma ser a expresión, máis ou menos evidente, da ideoloxía e do contexto do autor, non o “resultado aséptico” da análise “científica”. Os momentos do pasado que a historiografia escolle para a súa análise e os silencios que pesan sobre outros momentos son, en gran medida, tan significativos como a elaboración dun discurso ideolóxicamente marcado. A historiografia é feita por persoas con ideoloxía e contextos que forzan a determinadas escollas. Non existe a historiografia neutral. Elabórase na procura dunha explicación ou xustificación para o presente e, mesmo, para o futuro. Nos países sen estado, a tónica xeral é o silencio ou, no mellor dos casos, a historia acostuma estar sometida á interpretación doutros, moldeada ao discurso oficial. O caso galego é paradigmático dunha historiografia sometida a un proxecto alleo que nos nega. Os silencios interesados, as medias verdades e as mentiras no relato, desarticulado, da nosa historia veñen de lonxe, como a lectora poderá ver neste libro. Velaí o motivo de máis unha entrega de historiografia, cunha análise e centrada no noso contexto histórico, útil para revisar o que fomos e somos ER -