TY - BOOK AU - Montero Fenollós,Juan-Luis TI - Mesopotamia : : historia de la tierra de Gilgamesh T2 - (Biblioteca NUN) SN - 978-84-10199-31-6 PY - 2025/// CY - Córdoba PB - : Almuzara KW - Historia antiga KW - Historia antigua KW - Mesopotamia N2 - Mesopotamia, o país regado polos ríos Tigris e Éufrates, foi a terra do gran heroe Gilgamesh, o rei de Uruk que non quería morrer, e da torre de Babel, o monumento bíblico da confusión de linguas. A pesar da súa relevancia histórica como berce civilizadora, o mundo mesopotámico é un gran descoñecido. Só parece accesible a un minoritario e selecto club, o dos asiriólogos e os arqueólogos orientalistas capaces de descifrar a escritura cuneiforme e de ler os estratos dos vellos outeiros de adobe que salpican a antiga xeografía de Iraq e de Siria. Coa finalidade de dar a coñecer cal foi a contribución dos mesopotámicos á historia da humanidade, nace a presente obra de Juan Luís Montero Fenollós, que é froito da súa longa experiencia arqueolóxica en xacementos de Oriente Próximo. O resultado é un libro no que o autor explica o verdadeiro significado histórico e cultural da antiga Mesopotamia. E faio a través dunha coidada selección de sete grandes áreas temáticas: a auga, a cidade, a realeza, a xustiza, a escritura, a relixión e a morte. ER -