TY - BOOK AU - Cancela Muras,Ana TI - De nais a fillas: : receitas para non esquecer : gastronomía en feminino SN - 9788419754899 PY - 2025/// CY - A Coruña PB - : Hércules de Ediciones KW - Receitas de cociña KW - Libros informativos KW - Recetas de cocina KW - Cociña galega KW - Receitas KW - Cocina gallega KW - Recetas N1 - Contén receitas de: Manicha Bermúdez, Toñi Vicente, Chus González, Maricarmen Rodríguez, Eva Burgos, Ana Gago, Carlota Iglesias, Resalina e Teri Carballa e Loli Barreiro N2 - Ao longo da historia, as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas preservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura. Queremos honrar todas esas mulleres que, durante séculos, compartiron os seus coñecementos de xeración en xeración, creando unha ponte entre o pasado e o presente mediante receitas nadas nos fogares, transmitidas de nais a fillas. Na década dos sesenta do século XX, foron as mulleres as que tomaron as rendas da gastronomía profesional xestionando mesóns, casas de comidas e restaurantes, intentando conciliar a vida familiar con interminables xornadas de traballo na hostalería. Fixérono desde un lugar discreto e, en moitas ocasións, sen o recoñecemento que merecían. Coa profesionialización do sector, a súa impagable contribución quedou no anonimato, relegada por unha sociedade que lles arrebatou un oficio que durante séculos fora seu ER -