770870 O'Sullivan, Katriona (1977-)
Pobre : una vida de lucha por un destino mejor / Katriona O'Sullivan ; [tradución, Arnau Figueras Deulofeu]
Barcelona : Planeta, 2025
307 p. ; 23 cm
No ronsel de obras como Las cenizas de Ángela ou Una educación, este relato en primeira persoa chega precedido dun extraordinario éxito boca orella no seu país de orixe. Katriona O’Sullivan, a terceira de cinco irmáns, creceu na máis absoluta pobreza baixo o amparo duns pais toxicómanos. Desde pequena, afixo vivir envolvida en violencia, caos e sucidade, condicións que a levaron a detestarse a si mesma e a sentirse rexeitada polo mundo que a rodeaba. Cando se converteu en nai aos quince anos e pronto se atopou sen un teito, as poucas posibilidades que tiña de aspirar a unha vida estable pareceron desvanecerse por completo. Esta é a historia de como unha nena, marcada polos prexuízos e a hostilidade da súa contorna, logrou converterse nunha recoñecida académica e profesora dalgunhas das institucións máis prestixiosas de Europa. Nunha sociedade que marxina aos máis vulnerables, a confianza que algúns mestres sementaron na súa infancia e o apoio dos mentores que a axudaron nos seus momentos máis escuros permitíronlle desafiar ao seu destino. Escrito cunha prosa clara, honestidade e sentido do humor, este libro non só narra a extraordinaria historia de supervivencia e resiliencia de Katriona, senón que tamén é un berro contra a desigualdade e un chamamento urxente a construír un futuro no que todos os nenos, sen importar a súa orixe, teñan as mesmas oportunidades.
978-84-08-30410-4
336181 Pobreza Novelas336181 Pobreza Novelas
400381 Novela biográfica400381 Novela biográfica400393 Novela social e política400393 Novela social e política
[2015] 821. 111 (417) -31"20"*B[2015] 364. 362