579950 Fraga, Antonio Manuel (1976-) aut
Askja / Antonio M. Fraga
1ª edición
Vigo : Xerais, 2025
260 páxinas ; 23 cm
(Narrativa ; 549)
405349 Narrativa (Edicións Xerais de Galicia) 549
Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal. Ana aproveita a paréntese para rememorar varios episodios cos homes da súa vida e decidir se realmente está namorada de Xurxo. Porén, todo cambia cando Karen, unha das hospedadas, decide compartir con Ana a existencia dun cuarto secreto ateigado de caixas de música. Desde ese momento orixínase entre elas un xogo de sedución a través da palabra e crean unha burbulla íntima na que trocan cinza por desexo, abafo por ilusión. «Askja» é unha novela impregnada de nostalxia e tenrura, unha historia de amor que demostra como as cicatrices sandan máis facilmente cando se comparten.
IV Premio Pinto e Maragota pola diversidade sexual e de xénero.
978-84-1110-695-5
400391 Novela da vida cotiá400418 Novela de la vida cotidiana
821. 134. 4-31"20" 2015