133185 Muñoz Molina, Antonio (1956-) aut
El verano de Cervantes : una escritura desatada / Antonio Muñoz Molina
Barcelona : Seix Barral, 2025
447 p. ; 23 cm
(Biblioteca breve)
391993 Biblioteca Breve (Seix Barral)
O verán de Cervantes xorde de toda unha vida lendo Don Quixote da Mancha. Durante o proceso de escritura deste libro, Antonio Muñoz Molina vai entreverando recordos da súa infancia e das súas primeiras lecturas coa revelación do lugar que Don Quixote ocupou na súa vocación literaria, mostrando ademais a súa influencia noutros autores, como Melville, Balzac, Joyce, Thomas Mann ou Mark Twain, que consolidaron a novela como a forma narrativa suprema seguindo o ronsel de Cervantes. Unha lectura apaixonante e apaixonada de Don Quixote que mestura de forma extraordinaria investigación literaria e memoria persoal, e que contextualiza a xenialidade da obra mestra de Cervantes, lectura inesgotable para entender a arte da novela. En palabras do propio Muñoz Molina, «un tema central na novela é o modo en que as ficcións afectan á mente humana, nútrena, entretéñena e poden trastornarla cando non sabe distinguilas da realidade. Esta inquietude paréceme máis pertinente aínda nestes tempos en que tecnoloxías moito máis poderosas que a imprenta teñen o poder de hipnotizar nosas mentes ata un grao de delirio. Despois de toda unha vida lendo Don Quixote, gustaríame que este libro poida acompañar a outros nas súas propias lecturas».
978-84-322-4498-8
526297 Don Quijote de la Mancha - Crítica e interpretación526297 Don Quijote de la Mancha - Crítica e interpretación
2015 821. 111 (417) -31"20"