Debullando folclore : notas introdutorias e edición facsimilar / [Manuel Cajaraville Pensado ; das notas introductorias e coordinador da edición, X. Amancio Liñares Giraut]
Santiago de Compostela : Secretaría Xeral da Lingua, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2025
135 p. : il. br. e n. ; 24 cm
(Olladas no pasado)
Contén a edición facsimilar do libro Debullando Folklore, Cajaraville Pensado, Manuel. A Coruña, 1983.
O bailarín e coreógrafo Manuel Cajaraville Pensado (1926-1999) fixo un traballo de recuperación do folclore galego durante a maior parte da súa vida. Unha pequena mostra desa recolleita plasmouna nun libro baixo o título de Debullando folklore, editado na Coruña en 1983. Nesta publicación recolleu parte do seu traballo etnográfico como resultado das súas viaxes polas vilas e aldeas do país e no que se inclúen contos, cancións, bailes, refráns e regueifas. Sendo este ano das nosas letras o dedicado merecidamente ás cantareiras, non se pode deixar de mencionar a estreita relación de Manuel Cajaraville coas pandeireteiras de Mens, froito da cal resultou a recuperación de melodías case esquecidas. Debullando folklore é un libro de difícil busca e non hai mellor momento que neste ano para preparar unha edición facsimilar, acompañado dunhas notas introdutorias e un anexo fotográfico do autor.
978-84-453-5511-4
293953 Folklore Galicia293953 Folklore Galicia275628 Cultura popular - Galicia275628 Cultura popular - Galicia
39 (460. 11) 2004