TY - BOOK TI - SABIAS: La cara oculta de la ciencia T2 - ( Historia) (Debate) SN - 978-84-9992-702-2 PY - 2024/// CY - [Barcelona] PB - :Penguin Random House Grupo Editorial S.A.U. N2 - Quen foi Enheduanna? E Émile de Chatêlet? Por que os mestres cervexeiros consideran a súa mentora a Hildegarda de Bingen, unha monxa do século XI? Foi Marie Curie merecededora dos dous premios Nobel de ciencias que recibiu? Sería posible descifrar a estructura do ADN sen o traballo de Rosalind Franklin? Por que é tan coñecida a muller que desentrañou a estructura da penincilina? Que papel tiveron as mulleres durante a Idade de Prata que a ciencia viviu na Segunda República española? Neste libro rescatamos a historia dalgunhas das mulleres que fixeron contribucións relevantes na ciencia e paralelamente, para entender porqué foron tan escasas e hoxe son tan descoñecidas, realizamos un percorrido pola historia. Neste paseo descubrimos que ata ben entrado o século XX, as mulleres tiveron vetado o ingreso nas universidades e o exercicio de moitas profesións que requerían estudos, e que antes foran expulsadas das bibliotecas dos mosteiros, os centros onde se refuxiou o saber durante a Idade Media. Tamén descubrimos que as súas historias foron borradas dos anais da ciencia ou as suas contribucións fóronlles arrebatadas. Hoxe o seu redescubrimento é un exercicio de xustiza histórica para que por fin brillen con todo o seu esplendor ER -