SABIAS La cara oculta de la ciencia / Adela Muñoz Páez
1ª ed. ; 11ª reimp.
[Barcelona] : Penguin Random House Grupo Editorial S. A. U., 2024
368 p. ; 23 cm
(Historia) (Debate)
Quen foi Enheduanna? E Émile de Chatêlet? Por que os mestres cervexeiros consideran a súa mentora a Hildegarda de Bingen, unha monxa do século XI? Foi Marie Curie merecededora dos dous premios Nobel de ciencias que recibiu? Sería posible descifrar a estructura do ADN sen o traballo de Rosalind Franklin? Por que é tan coñecida a muller que desentrañou a estructura da penincilina? Que papel tiveron as mulleres durante a Idade de Prata que a ciencia viviu na Segunda República española?
Neste libro rescatamos a historia dalgunhas das mulleres que fixeron contribucións relevantes na ciencia e paralelamente, para entender porqué foron tan escasas e hoxe son tan descoñecidas, realizamos un percorrido pola historia. Neste paseo descubrimos que ata ben entrado o século XX, as mulleres tiveron vetado o ingreso nas universidades e o exercicio de moitas profesións que requerían estudos, e que antes foran expulsadas das bibliotecas dos mosteiros, os centros onde se refuxiou o saber durante a Idade Media. Tamén descubrimos que as súas historias foron borradas dos anais da ciencia ou as suas contribucións fóronlles arrebatadas. Hoxe o seu redescubrimento é un exercicio de xustiza histórica para que por fin brillen con todo o seu esplendor.
978-84-9992-702-2
9295 / 6-051-055. 2 (091)