768454 Dawson, Jennifer (1929-2000)
Al pie del muro / Jennifer Dawson ; traducción Amado Diéguez
Barcelona : Alba, 2025
202 páxinas ; 21 cm
(Rara avis ; 70)
541403 Rara avis (Alba) ; 70
Josephine Traughton ten vinte e tres anos e está ingresada nun hospital psiquiátrico nos arredores de Londres. Boa estudante en Oxford, custáballe sempre atopar «a resposta oportuna» (que substituía por unha risa nerviosa) cando lle falaban e nas festas, ademais de persoas, vía animais. Despois da morte da súa nai por un accidente doméstico, derrubouse. Agora, no hospital, os médicos consideran que a súa situación é tan favorable que xa pode saír a traballar e póñena a catalogar os libros da biblioteca dun vello coronel. Todo o mundo a anima, ou polo menos a compadece. Pero un día coñece a un paciente do pavillón masculino con «neurose por ansiedade» derivada dos seus «problemas coas mulleres». É un mozo culto, desenvolto, escéptico, que domina a linguaxe psiquiátrica e di frases en latín e francés. A partir de entón o mundo de Josephine cambia. Nunca fixera moito caso a quen lle "falaba de volver ao “mundo real”, coma se houbese dous : o bo e o que conviña evitar" ; pero a súa relación co mozo agora si lle parece que lle dá «certo contacto co mundo real». Escrita dous anos antes que A campá de cristal de Sylvia Plath, coa que é inevitable trazar algún vínculo, "Al pie del muro" (1961) é pioneira na novelización dunha experiencia psiquiatrizada, a cargo dunha muller que non se cansa de afirmar : «O que eu quero é vivir, sentir. Nacín para algo máis que a simple saúde mental». Ver as cousas desde o seu punto de vista desvélanos como de triviais e arbitrarias poden ser a realidade «normal» e as súas regras. A novela, sesenta anos despois da súa publicación, non perdeu vigor e resulta dunha intensidade –ás veces sólida, ás veces alucinada– extraordinaria.
9788411781480
400391 Novela da vida cotiá400418 Novela de la vida cotidiana
2015 821. 111-31"19"