TY - BOOK AU - Aller,Diana TI - Todas las guerras empiezan en verano / T2 - (Barlovento SN - 978-84-10435-18-6 PY - 2025/// CY - [Madrid] : PB - Altamarea, KW - Novela da vida cotiá KW - Novela de la vida cotidiana N2 - Mencía ten unha vida que non é a que imaxinara de moza: atrapada nunha espiral de procrastinación, intrascendencia e evasións, sae adiante como pode cun traballo gris e precario, unha nai pesadísima, unha irmá caradura, o máis total descontrol sobre o seu destino, bebedeiras e relacións sexuais tan frecuentes como baleiras e longas sesións de psicanálises. Precisamente durante unha delas, a comezos do verán de 2025, o seu terapeuta pídelle que escriba unha carta á súa eu do pasado para reconciliarse consigo mesma. En principio, un simple desafogo para poñer negro sobre branco as frustracións dunha vida enteira, se non fose porque, á mañá seguinte, Mencía recibe no seu móbil unha contestación que parece provir do pasado, da Mencía de 1999. A correspondencia continúa e, con cada intercambio, a Mencía do presente cuéstionase cada vez máis a súa realidade, a vida que construíu e o camiño que a levou a ser quen é. Baixo un humor incisivo, salpicado de situacións absurdas, parodia da vida urbana contemporánea, é unha exploración íntima e desapiadada do baleiro existencial dunha xeración atrapada entre o deber e o desexo, entre a nostalxia e o desencanto ER -