Asistente del villano / Hannah Nicole Maehrer ; traducido del inglés por Nerea Gilabert Giménez
2ª ed., 5ª reimp.
Madrid : Faeris, 2025
459 p. : mapas ; 22 cm
(Asistente del villano ; 1)
Tít. orix. : Assistant to the VillainNa cub. : "Solo los buenos mueren. . . "
BÚSCASE ASISTENTE : Soado vilán de alta categoría busca asistente leal e sensata para levar a cabo tarefas administrativas non especificadas e ofrecer asistencia ao resto do persoal nas situacións caóticas e terroríficas que poidan xurdir, entre outros Asuntos Sinistros En xeral. Requírese discreción. Excelentes condicións. Dado que Evie Sage é quen debe encargarse de manter á súa irmá e ao seu pai enfermo, a súa situación laboral non é soamente importante : é vital. Así que, cando un contratempo co Vilán máis infame de Rennedawn acaba nunha oferta de emprego, non ten máis remedio que aceptar. Ningún traballo é perfecto, claro, pero menos aínda cando te namoras do teu terrorífico, temperamental e innegablemente atractivo xefe. Xusto cando se está afacendo a ver cabezas cortadas colgando do teito e á estraña sensación de pisar un globo ocular extraviado mentres anda, Evie empeza a sospeitar que entre eses alxubes se agocha unha enorme rata. . . e non só en sentido literal. Algo podre está a xurdir no reino de Rennedawn, e alguén quere acabar co Vilán e con todo o seu perverso imperio. Agora Evie non só vai ter que evitar babexar polo seu xefe, senón tamén que pescudar quen é exactamente a persoa que o está sabotando para que el poida facerllo pagar. Pero é que, claro, custa moito atopar un bo traballo.
978-84-19988-00-3
821. 111 (73) -31"20"