TY - BOOK AU - Parks,Alan AU - Trejo,Juan TI - Cualquiera puede morir en junio T2 - (Andanzas. Serie Harry McCoy SN - 978-84-1107-627-2 PY - 2025/// CY - Barcelona PB - : Tusquets KW - Novela de intriga e misterio KW - Novela de intriga y misterio N2 - Cando unha muller chamada Judith West entra nunha comisaría de Glasgow para denunciar a desaparición do seu fillo de nove anos, ninguén é capaz de atopar ningún rexistro do neno, ningunha proba de que xamais existise. O detective Harry McCoy, recentemente destinado ao outro extremo da cidade, descobre que a familia West pertence a unha congregación relixiosa moi estrita, e sospeita que detrás da desaparición de Michael West escóndese máis do que parece. Entre tanto, nese caloroso mes de xuño, aparece morto en estrañas circunstancias un vagabundo; despois, un pequeno delincuente. E mentres McCoy busca ao neno desaparecido, debe ocultar aos seus colegas o verdadeiro motivo da súa presenza na súa nova comisaría: investigar a corrupción interna. Algunhas persoas rezan para que triunfe a xustiza, pero o axente Harry McCoy non pode esperar a que os rezos produzan efecto ER -