TY - BOOK AU - Villar,Marta TI - Detective Ferruchi T2 - (Narrativa SN - 978-84-1110-591-0 PY - 2025/// CY - Vigo PB - : Xerais KW - Novela de intriga e misterio KW - Novela de intriga y misterio N1 - XLI Premio Xerais de Novela N2 - Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o seu traballo como padronista en Inditex para regresar á súa vila natal, despois de moitos anos, e abrir unha libraría. Aos poucos días aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario introvertido e cun don especial para curar animais. A trama céntrase na investigación paralela deste crime que realiza Sol e durante as súas pescudas xorden unha morea de personaxes peculiares e sorprendentes que amosan, unhas veces con humor e outras con gravidade, temas da sociedade actual que invitan á reflexión. Ao longo da historia visibilízanse colectivos minoritarios que reivindican o valor da diferenza e rachan cos prexuízos. «Detective Ferruchi» tamén lles dá voz a todas esas mulleres que desde os anos oitenta axudaron a levantar un imperio téxtil internacional grazas ao seu traballo nas cooperativas. Un traballo duro pero que para moitas significou a súa independencia económica. «Detective Ferruchi», de Marta Villar, é unha novela coral e divertida contada cun ton irónico e eficaz que consegue manter a intriga ata o final ER -