36803 Cardenal, Ernesto (1925-2020)
Poesía completa / Ernesto Cardenal ; prólogo de Elena Poniatowska ; introducción de Remedios Sánchez
Barcelona : Espasa, 2025
1264 p. ; 19 cm
(ESPASAesPOESÍA)
A obra de Ernesto Cardenal, dunha importancia capital e calidade incontestable, sitúase nas encrucilladas históricas e estéticas dunha parte moi relevante da poesía contemporánea. Desde que nos anos cincuenta empezaron a circular copias mimeografiadas dalgúns dos seus epigramas, a súa capacidade para conectar cos lectores foi extraordinaria : así, Salmos, Oración por Marilyn Monroe y otros poemas, os "poemas indios", Oráculo sobre Managua, Cántico cósmico ou Telescopio en la noche oscura han ampliado as posibilidades da palabra poética no ámbito hispánico. A súa escritura tivo unha especial vontade de comunicación, de sinxeleza e claridade ; a partir do seu objetivismo, de incorporar elementos da vida real, tanto datos históricos como detalles precisos de cifras, feitos e anécdotas, alcanzou as máis altas cotas líricas, na relación cos outros, consigo mesmo e a súa fe, así como co universo totalizador nun encontro místico : "En mi poesía cabe absolutamente todo", afirmaba, abrindo moitos camiños á creación contemporánea. Ao compilar o conxunto da obra poética do gran mestre nicaraguano no centenario do seu nacemento, trazamos un arco de procura, inquietudes e respostas líricas, que vai dos Epigramas ata En el camino de Emaús, a súa última obra escrita e que non foi incluída na súa poesía completa ata esta ocasión. Un monumento poético e humano que nos segue interpelando. Como afirma Remedios Sánchez na súa luminosa introdución a esta Poesía completa : na profusa e profunda creación de Cardenal, tradición e modernidade danse a man e son "llevadas hasta as sus últimas consecuencias con un fondo imperecedero : el Amor con mayúsculas. Este es su testamento vital e inagotable".
978-84-670-7566-3
386652 Poesía386652 Poesía
821. 134. 2 (728. 5) -1"19 / 20"