200535 West, Nathanael. aut
A señorita Corazóns Solitarios / Nathanael West ; traducido por Ignacio Chao
1ª ed.
Santiago de Compostela : Hugin e Munin, 2025
121 p. ; 21 cm
(Colección XX ; 107)
539601 Colección XX (Hugin e Munin)
A señorita Corazóns Solitarios é o pseudónimo dun xornalista que mantén un consultorio sentimental nun diario de Nova York. A súa sección é unha manobra para vender máis exemplares. Tras varios meses respondendo cartas con torpes palabras de esperanza, a farsa escapa do seu control. Decátase de que as confesións dos lectores son humildes expresións dun sufrimento verdadeiro que reclaman consello moral e espiritual, e vese na obriga de examinar os valores polos que se rexe. Este exame demóstralle que, nuns tempos de desafección, el non é o autor da burla, senón tamén unha vítima. Ambientada na época da Gran Depresión, a escritora Flannery O’Connor considerábaa a mellor novela moderna, canda En canto agonizo, de Faulkner. Para o crítico Harold Bloom, era un dos cumios da ficción norteamericana. Interpretada pola crítica como proba do gnosticismo xudaico (e tamén en clave de simbolismo freudiano) , dramática e mordaz, parodia ou farsa tráxica, os seus dous protagonistas antitéticos brindan momentos excepcionais : a señorita Corazóns Solitarios, co seu complexo de Cristo salvador, que devén nun vórtice imparable, e o seu mefistofélico e descrido xefe Shrike. A señorita Corazóns Solitarios é unha novela cargada de ironía e humor negro, cunha estrutura impecable, de admirable economía verbal. Unha sátira contra a relixiosidade da sociedade estadounidense e a amoralidade dos medios que acaba por tornar nunha parábola nihilista.
Tít. orix. : Miss Lonelyhearts.
9791399015003
400384 Novela de humor400384 Novela de humor
2015 821. 112. 28 (73) -31"19"