TY - BOOK AU - Rolland,Eduardo TI - 1809: : Galicia en armas : crónica dunha guerra terrible contra os exércitos de Napoleón T2 - (Historia salvaxe) SN - 978-84-129435-0-4 PY - 2025/// CY - Celanova (Ourense) PB - : Los libros del salvaje KW - Galicia KW - Guerras napoleónicas N2 - En 1809, entre xaneiro e xuño, Galicia estivo ao bordo do abismo. Durante douscentos días interminables, dous exércitos inimigos, dúas máquinas de matar curtidas nos campos de batalla de toda Europa, entraron no país e devastárono a conciencia cun único obxectivo, o mesmo que xa fixeran antes na maior parte de Europa: apoderarse del, saquear os seus recursos e someter as súas xentes a un rei estranxeiro, Xosé I Bonaparte, o irmán de Napoleón. Pero os galegos non quedaron de brazos cruzados. Burgueses, pescadores, artesáns, mercadores, cregos e labregos erguéronse en armas para combateren o francés. Por todas as partes xurdiron «alarmas», partidas de guerrilleiros que, case coas mans espidas, se enfrontaron ao exército máis poderoso do mundo, uns soldados que ben podían traer nas súas alforxas as ideas ilustradas, pero que pretendían impoñelas mediante saqueos, asasinatos, roubos e violacións. E sucedeu o impensable: uns simples paisanos conseguiron, por primeira vez en Europa, a retirada definitiva da Grande Armée, o exército imperial francés, dun territorio conquistado. ER -