768604 Korneliussen, Niviaq
El Valle de las Flores / Niviaq Korneliussen ; traducción de Blanca Ortiz Ostalé
1ª ed.
Madrid : Sexto Piso, 2025
255 p. ; 23 cm
(Narrativa Sexto Piso)
Vive en Nuuk, a capital de Groenlandia. Nova e inquieta, ten unha noiva que a quere, unha familia que a apoia e todo o futuro por diante en Dinamarca, onde está a piques de comezar a universidade. Alí, con todo, vese moi diferente dos seus compañeiros de clase, séntese fóra de lugar, e mentres na casa todos cren que emprendeu o voo cara á ansiada liberdade, ela afúndese nunha pesadume que en realidade sempre estivo aí : unha sensación de inadaptación e vertixe, de soidade. Unha traxedia –o suicidio da prima da súa noiva– conduciraa de regreso á maxestosa natureza do leste de Groenlandia, ata un val de flores de plástico, repleto de cruces anónimas e esquecidas, onde descansan moitos dos novos inuit que cada ano se quitan a vida, rodeados do silencio do sistema e das súas propias familias : un tabú que ninguén quere enfrontar. Co carácter irrevogable dunha bomba de reloxería, "El Valle de las Flores" relata, a través da voz fresca e irónica aínda que cada vez máis axitada e furiosa da protagonista, o derrube dunha moza que sente que non pode co mundo. Unha narración dunha sinceridade implacable que se converte en poesía, tan poderosa e auténtica como difícil de esquecer. Unha novela de amor, amizade e dor nunha sociedade na que ninguén fala dos mortos.
Tradución de : Blomsterdalen
978-84-10249-36-3
348890 Suicidio Novelas520794 Morte Novelas416917 Muerte Novelas
400391 Novela da vida cotiá400418 Novela de la vida cotidiana
821. 113. 4-31"20"