TY - BOOK AU - Watts,Naomi AU - Gallud,Eva AU - Haver,Mary Claire TI - Me atrevo a contarlo : : todo lo que me habría gustado saber sobre la menopausia SN - 9788410378490 PY - 2025/// CY - Madrir PB - : Lunwerg Editores KW - Menopausia KW - Menopausa N2 - Aos 36 anos e recentemente acabada a rodaxe de King Kong, a Naomi Watts, que neses momentos propúxose fundar unha familia, comunicáronlle que estaba a piques de entrar na menopausa. Só en Estados Unidos, 75 millóns de mulleres agora mesmo están a xestionar os síntomas da menopausa (secura, proídos, hormonas descontroladas e sofocos nocturnos) e, con todo, a palabra mesma menopausa segue sendo un tabú. A desinformación e a confusión que veñen asociadas fan que moitas mulleres se sintan pouco preparadas, avergoñadas e tremendamente soas cando chega esta etapa da vida. A lectura de Atrévome a contalo é como tomarse un café cunha amiga íntima chamada Naomi Watts, na que a actriz combina historias tenras e divertidas sobre a súa vivencia persoal da menopausa, con consellos de médicos, endócrinos, nutricionistas e outros expertos para axudarnos a desterrar o segredismo e a vergoña asociadas non só ao climaterio senón ao feito en si de envellecer. Irreverente, valente e reconfortante, este relato personalísimo de Naomi Watts é a compañía que toda muller necesita para abrazar a mellor versión de si mesma ao entrar no período máis satisfactorio e poderoso da súa vida. ER -