767772 Yun, Jungeun aut
La lavandería de almas de Marigold / Jungeun Yun ; traducción de Paola Díez Cidoncha
Madrid : Letras de Plata, 2025
222 p. ; 22 cm
A moza Jieun naceu con poderes misteriosos que non sabe como controlar. A raíz dun accidente, no que fixo que a súa familia desaparecese, promete vivir un millón de vidas con tal de volver atopalos. Finalmente, unha noite crea a lavandería de almas de Marigold. O seu servizo consiste en «lavar» a dor máis profunda dos corazóns. Jieun escoita aos clientes cando comparten os seus recordos infelices con ela e, mentres falan, transfire esa tristeza ás camisetas en forma de manchas. Despois dun centrifugado na lavadora, as manchas convértense en pétalos de flores que se elevan polo aire, e os clientes de Jieun por fin atopan consolo. Cinco almas feridas acoden a ela en busca de axuda : un novo cineasta frustrado, unha influencer que perdeu o control, unha nai traizoada polo seu marido, unha muller abandonada polo seu amante e un talentoso fotógrafo que se refuxia na seguridade dun traballo mundano. Mentres Jieun escoita cada unha das súas historias, aprende que a vontade de sandar non é un don especial, senón un poder que todos posuímos, se somos capaces de abrirnos a el.
9788492919796
2015 821. 531-34"20"