TY - BOOK AU - Costoya Santos,Rodrigo TI - El siglo del milagro: : la consagración de Compostela SN - 978-84-10070-60-8 PY - 2025/// CY - Madrid PB - : Pàmies KW - Santiago de Compostela (A Coruña) KW - - Novelas KW - Camiño de Santiago KW - Camino de Santiago N2 - Contan que Compostela naceu cando Paio, o eremita, foi guiado por unhas luminarias misteriosas ata a tumba do apóstolo Santiago. De aí o nome de Campus Stellae. E tamén que o rei Alfonso II foi o primeiro peregrino da historia. E que comezou así unha afluencia masiva de camiñantes que non cesou ata os nosos días. Unha incrible sucesión de milagres, verdade? Pois lamento dicir que todo isto é mentira. Unha lenda, nada máis. Unha fantasía. A Compostela primigenia Nos primeiros tempos, ao redor dun sepulcro sen identificar non había máis nada que un burgo modesto e unha pequena igrexa. O propio Vaticano desmentiu que esa puidese ser a tumba de Iacobus, e mesmo algún bispo chegou a ser excomungado por defender esa tese. Un milagre tanxible É en 1068 cando nace Diego. El fixo de Compostela unha arquidiocese, e creou a catedral máis fastuosa do mundo. El coroou reis e entronizó papas, ordenou escribir os códices máis marabillosos e puxo á insignificante Compostela á altura de Roma e de Xerusalén. El creou o Camiño de Santiago, e ao redor del forxou Europa. Esta é a súa historia, e é real. Isto é o que construíu no século do milagre. Ata o de agora coñecías a lenda. Agora descubrirás a verdade ER -